CREENA (Centro de Recursos de Educación Especial de Navarra). Funciona como un centro de información, asesoramento e prestación de recursos. Na súa páxina principal atópanse un montón de apartados cos seus correspondentes enlaces a un variado e largo número de recursos. Dentro do apartado Libros en PDF, a través dos blogs podemos acceder a diversos materiais clasificados coas correspondentes etiquetas. Atendendo á discapacidade auditiva no día de hoxe pódese acceder a cinco e unha sobre fala signada.
Mostrando entradas con la etiqueta nee. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nee. Mostrar todas las entradas
sábado, 28 de febrero de 2009
CREENA (Centro de Recursos de Educación Especial de Navarra). Funciona como un centro de información, asesoramento e prestación de recursos. Na súa páxina principal atópanse un montón de apartados cos seus correspondentes enlaces a un variado e largo número de recursos. Dentro do apartado Libros en PDF, a través dos blogs podemos acceder a diversos materiais clasificados coas correspondentes etiquetas. Atendendo á discapacidade auditiva no día de hoxe pódese acceder a cinco e unha sobre fala signada.
Etiquetas:
discapacidade auditiva,
logopedia,
nee,
recursos
miércoles, 25 de febrero de 2009
Guía Dixital de Axudas á Discapacidade
A Fundación ONCE presentou GuiaDis, a primeira guía dixital de axudas á discapacidade. Pretende dar aos discapacitados españois ferrametas para que poidan defender mellor os seus dereitos.
Na súa portada sinálase “o obxectivo desta web é facilitar ás persoas con discapacidade e as súas familias información sobre os diferentes recursos (servizos, centros, prestacións e axudas) dispoñibles nos diversos ámbitos da vida. As distintas opcións de busca permitiranlle identificalos, consultar os seus contidos, coñecer os requisitos de acceso e obter orientación sobre os procedementos e trámites necesarios para beneficiarse de cada un destes recursos”.
Guiadis ofrece catro buscadores:

- Situación do usuario: para facer buscas segundo o tipo de discapacidade (física, mental, intelecutual, auditiva, visual), a porcentaxe de discapacidade ou o grado de dependencia.
- Tipo de recurso: axudas técnicas, becas, beneficios fiscais, outras prestacións, prestacións da Seguridade Social, servizos. Tamén permite buscar segundo o tipo de entidade: administración do estado, comunidades autónomas, concellos, empresas, asociacións, fundacións...
- Área de aplicación: información, educación, saúde, protección económica, emprego, fiscalidade, lexislación, vivenda, movilidade e vida diaria, transporte, accesibilidade, cultura, deporte e turismo, atención e cuidado.
- Centros de atención: asociacións, centro de atención temprana, centro de día, centro de información, orientación e valoración, centro de rehabilitación laboral, centro de rehabilitación psicosocial, centro especial de emprego, centro ocupacional, federación, fundación, piso tutelado, residencia, confederación, administración da Seguridade Social, dirección provincial, información, orientación e prestación de servizos, cooperativa social, aulas de educación especial.
martes, 24 de febrero de 2009
Planeta Visual. D.L.S.
Planeta Visual ofrécenos un Diccionario en Lingua de Signos no que contempla un pequeno vocabulario como saúdos, expresións, números, verbos, partes do corpo, adxectivos, traductor dactilolóxico, etc.
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Biblioteca de Signos
Na páxina principal podemos ler: "Coa Biblioteca de Signos, a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes pon á disposición de todos os usuarios de lingua de signos española e dos profesionais e investigadores desta lingua un proxecto pioneiro no mundo: a primeira biblioteca xeral de lingua de signos.
A Biblioteca de Signos incluie material bibliográfico, resumido e explicado en lingua de signos, de toda a historia da educación de persoas xordas en España e da investigación moderna en lingüistica das linguas de signos e educación bilingüe. Asimesmo incluie proxectos de gran trascendencia, como o diccionario Histórico da Lingua de Signos Española, a Gramática Visual e o Sistema de Escritura Alfabético da LSE. A sección de Literatura recolle numerosas poesías e contos signados, así como amplia explicación de obras literarias fundamentais".
No día de hoxe podemos ler sobre 40 poemas pertencentes a Machado, Neruda, Ángel González, Alberti, San Juan de la Cruz , Bécquer e Rosalía.
Hai un total de 20 contos infantís o Lazarillo e os primeiros vintecinco capítulos do Quijote.

auditiva,
discapacidade,
literatura,
nee,
recursos
lunes, 23 de febrero de 2009
Pensando en imaxes
Pensando en imaxes é un blog onde podemos atopar información sobre Autismo. Emprega o método ADRYNA para ensinar a falar.
Está feito por unha mestra de Pedagoxía Terapéutica, Cuca, de Cambados, nai dun neno autista.
(Blanca González Garrido)
Wiki Especial
O autor desta web dinos que na Wiki Especial recopila recursos web sobre todo tipo de áreas e ferramentas de interese para o profesorado que queira utilizar as posibilidades da web 2.0 . Tamén ofrece unha relación de enlaces a artigos e webs relacionados coa logopedia.Educastur Sin Barreiras
En Educastur Sin Barreras podemos atopar información sobre os recursos aplicados ao alumnado con nee, como programas informáticos, bibliografía, enlaces de interese, obxectivos e plantexamentos de accesibilidade así e documentos que a comunidade vai elaborando a tal efecto. Tamén recolle diversas modalidades de formación relacionadas co tema.
Lola e a súa familia
Lola e a súa familia. Guía para pais e nais de nenos xordos está editada pola CNSE (Confederación Nacional de Sordos de España. Proporciona recursos e estratexias para fomentar unhas relacións familiares satisfactorias.
Etiquetas:
auditiva,
discapacidade auditiva,
nee,
recursos
Recuncho Didáctico de Orientación e Atención á Diversidade
Nesta páxina, incluída no Portal educativo da Junta de Extremadura, atópanse enlaces a materiais relacionados coa orientación e a atención á diversidade: recursos educativos, noticias, cursos, videos, etc.Entre os materiais enlazados nesta páxina destacamos algúns dos programas que podemos descargar:
- PROAF: Programa de articulación e fonación. Está destinado ao alumnado con discapacidade auditiva ou con trastornos específicos da linguaxe. Ten 241 exercicios sustentados nunha metodoloxía sintética de lectura como axuda ao linguaxe articulado.
- Navegador ZAC para autistas. Navegador web programado por John LeSieur con características especiais para ser usado por alumnado autista.
Etiquetas:
auditiva,
autismo,
discapacidade auditiva,
nee,
orientación,
recursos
sábado, 21 de febrero de 2009
Tadega
Emocionoume a conferencia que impartíu Juan José Fernández García sobre TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) no "IX Inforensino".
Falounos sobre a realidade galega das TIC na atención á diversidade, da normativa e accesibilidade dos espazos web así como dos servizos e recursos que nos ofrecenen dita Asociación.
A cambio pídennos que pensemos na accesibilidade e usabilidade das nosas páxinas web e bitácoras, que non nos convirtamos en educadores excluíntes, falando de "atención á diversidade" e "inclusión", pero sen telos en conta nos materiais que preparamos.
Copio aquí as "Correccións manuais con sentido común" que propuxo para que as teñamos en conta nos textos e enlaces que poñamos nos blogs e páxinas web e invítovos a que entredes nesta páxina e colaboredes coa súa gran labor.
Os textos
Ofertan a posibilidade de colaborar con eles.

- Evita frases de dobre sentido ou de sentido figurado a non ser que as expliques no propio texto.
- Un páragrafo para unha idea. Unha idea para un páragrafo.
- Repasa o escrito, non confundas, aclara, axuda. Usa a linguaxe dos teus usuarios, non a túa.
- Claro, conciso, amigable, familiar, cercano.
- Organización visual dos elementos clara e ordeada.
- Aspecto homoxéneo do deseño en todas as páxinas do mesmo sitio.
- ¿Un texto extenso? Divídeo en partes, encabeza cada parte con títulos e subtítulos seguindo unha ordenación lóxica e congruente cun texto descritivo axeitado para cada caso.
- Que non dependa o contido da maquetación, senón ao revés.
Os enlaces
- ¡Non máis "pincha aquí", por favor!
- ¿Imaxinas a cara duna persoa cega ao ler "pincha no cadro azul"?
- Nin moitos nin poucos, os xustos para a comprensión e a usabilidade do servizo que se oferta.
- Non xogues ás adiviñas; que teña elementos de decisión para sopesar se ir ou non a ese sitio.
- Non enlaces a sitios externos noutra ventá. Se continúa ou non no teu sitio o decide él, non ti.
- Dous textos iguais non poden apuntar a enlaces diferentes.
- Dous textos diferentes non poden apuntar ao mesmo enlace.
Ofertan a posibilidade de colaborar con eles.
Etiquetas:
accesibilidade,
auditiva,
discapacidade auditiva,
nee,
recursos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)