Mostrando entradas con la etiqueta autismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autismo. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de febrero de 2009

Pensando en imaxes

Pensando en imaxes é un blog onde podemos atopar información sobre Autismo. Emprega o método ADRYNA para ensinar a falar.
Está feito por unha mestra de Pedagoxía Terapéutica, Cuca, de Cambados, nai dun neno autista.

(Blanca González Garrido)

Recuncho Didáctico de Orientación e Atención á Diversidade

Nesta páxina, incluída no Portal educativo da Junta de Extremadura, atópanse enlaces a materiais relacionados coa orientación e a atención á diversidade: recursos educativos, noticias, cursos, videos, etc.
Entre os materiais enlazados nesta páxina destacamos algúns dos programas que podemos descargar:
  • PROAF: Programa de articulación e fonación. Está destinado ao alumnado con discapacidade auditiva ou con trastornos específicos da linguaxe. Ten 241 exercicios sustentados nunha metodoloxía sintética de lectura como axuda ao linguaxe articulado.
  • Navegador ZAC para autistas. Navegador web programado por John LeSieur con características especiais para ser usado por alumnado autista.