Mostrando entradas con la etiqueta auditiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta auditiva. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de febrero de 2009

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Biblioteca de Signos

Na páxina principal podemos ler: "Coa Biblioteca de Signos, a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes pon á disposición de todos os usuarios de lingua de signos española e dos profesionais e investigadores desta lingua un proxecto pioneiro no mundo: a primeira biblioteca xeral de lingua de signos.
A Biblioteca de Signos incluie material bibliográfico, resumido e explicado en lingua de signos, de toda a historia da educación de persoas xordas en España e da investigación moderna en lingüistica das linguas de signos e educación bilingüe. Asimesmo incluie proxectos de gran trascendencia, como o diccionario Histórico da Lingua de Signos Española, a Gramática Visual e o Sistema de Escritura Alfabético da LSE. A sección de Literatura recolle numerosas poesías e contos signados, así como amplia explicación de obras literarias fundamentais".
No día de hoxe podemos ler sobre 40 poemas pertencentes a Machado, Neruda, Ángel González, Alberti, San Juan de la Cruz , Bécquer e Rosalía.
Hai un total de 20 contos infantís o Lazarillo e os primeiros vintecinco capítulos do Quijote.

lunes, 23 de febrero de 2009

Lola e a súa familia

Lola e a súa familia. Guía para pais e nais de nenos xordos está editada pola CNSE (Confederación Nacional de Sordos de España. Proporciona recursos e estratexias para fomentar unhas relacións familiares satisfactorias.

Recuncho Didáctico de Orientación e Atención á Diversidade

Nesta páxina, incluída no Portal educativo da Junta de Extremadura, atópanse enlaces a materiais relacionados coa orientación e a atención á diversidade: recursos educativos, noticias, cursos, videos, etc.
Entre os materiais enlazados nesta páxina destacamos algúns dos programas que podemos descargar:
  • PROAF: Programa de articulación e fonación. Está destinado ao alumnado con discapacidade auditiva ou con trastornos específicos da linguaxe. Ten 241 exercicios sustentados nunha metodoloxía sintética de lectura como axuda ao linguaxe articulado.
  • Navegador ZAC para autistas. Navegador web programado por John LeSieur con características especiais para ser usado por alumnado autista.

sábado, 21 de febrero de 2009

Tadega

Emocionoume a conferencia que impartíu Juan José Fernández García sobre TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) no "IX Inforensino".
Falounos sobre a realidade galega das TIC na atención á diversidade, da normativa e accesibilidade dos espazos web así como dos servizos e recursos que nos ofrecenen dita Asociación.
A cambio pídennos que pensemos na accesibilidade e usabilidade das nosas páxinas web e bitácoras, que non nos convirtamos en educadores excluíntes, falando de "atención á diversidade" e "inclusión", pero sen telos en conta nos materiais que preparamos.

Copio aquí as "Correccións manuais con sentido común" que propuxo para que as teñamos en conta nos textos e enlaces que poñamos nos blogs e páxinas web e invítovos a que entredes nesta páxina e colaboredes coa súa gran labor.


Os textos

  • Evita frases de dobre sentido ou de sentido figurado a non ser que as expliques no propio texto.
  • Un páragrafo para unha idea. Unha idea para un páragrafo.
  • Repasa o escrito, non confundas, aclara, axuda. Usa a linguaxe dos teus usuarios, non a túa.
  • Claro, conciso, amigable, familiar, cercano.
  • Organización visual dos elementos clara e ordeada.
  • Aspecto homoxéneo do deseño en todas as páxinas do mesmo sitio.
  • ¿Un texto extenso? Divídeo en partes, encabeza cada parte con títulos e subtítulos seguindo unha ordenación lóxica e congruente cun texto descritivo axeitado para cada caso.
  • Que non dependa o contido da maquetación, senón ao revés.

Os enlaces

  • ¡Non máis "pincha aquí", por favor!
  • ¿Imaxinas a cara duna persoa cega ao ler "pincha no cadro azul"?
  • Nin moitos nin poucos, os xustos para a comprensión e a usabilidade do servizo que se oferta.
  • Non xogues ás adiviñas; que teña elementos de decisión para sopesar se ir ou non a ese sitio.
  • Non enlaces a sitios externos noutra ventá. Se continúa ou non no teu sitio o decide él, non ti.
  • Dous textos iguais non poden apuntar a enlaces diferentes.
  • Dous textos diferentes non poden apuntar ao mesmo enlace.
Esta web está feita por profesionais maioramente galegos implicados na educación e na Atención á Diversidade. De xeito gratuíto, ofrecen asesoramento sobre cuestións relativas á atención á diversidade e tecnoloxías da información e da comunicación (lexislación, recursos educativos, necesidades específicas e de apoio educativo de calquera tipo...). A páxina consta de seccións como: bitácoras, foros, unha relación das 40 mellores páxinas seleccionadas sobre recursos educativos, accesibilidade web, discapacidade...
Ofertan a posibilidade de colaborar con eles.