miércoles, 25 de febrero de 2009

Guía Dixital de Axudas á Discapacidade

A Fundación ONCE presentou GuiaDis, a primeira guía dixital de axudas á discapacidade. Pretende dar aos discapacitados españois ferrametas para que poidan defender mellor os seus dereitos.
Na súa portada sinálase “o obxectivo desta web é facilitar ás persoas con discapacidade e as súas familias información sobre os diferentes recursos (servizos, centros, prestacións e axudas) dispoñibles nos diversos ámbitos da vida. As distintas opcións de busca permitiranlle identificalos, consultar os seus contidos, coñecer os requisitos de acceso e obter orientación sobre os procedementos e trámites necesarios para beneficiarse de cada un destes recursos”.
Guiadis ofrece catro buscadores:
  • Situación do usuario: para facer buscas segundo o tipo de discapacidade (física, mental, intelecutual, auditiva, visual), a porcentaxe de discapacidade ou o grado de dependencia.
  • Tipo de recurso: axudas técnicas, becas, beneficios fiscais, outras prestacións, prestacións da Seguridade Social, servizos. Tamén permite buscar segundo o tipo de entidade: administración do estado, comunidades autónomas, concellos, empresas, asociacións, fundacións...
  • Área de aplicación: información, educación, saúde, protección económica, emprego, fiscalidade, lexislación, vivenda, movilidade e vida diaria, transporte, accesibilidade, cultura, deporte e turismo, atención e cuidado.
  • Centros de atención: asociacións, centro de atención temprana, centro de día, centro de información, orientación e valoración, centro de rehabilitación laboral, centro de rehabilitación psicosocial, centro especial de emprego, centro ocupacional, federación, fundación, piso tutelado, residencia, confederación, administración da Seguridade Social, dirección provincial, información, orientación e prestación de servizos, cooperativa social, aulas de educación especial.
Pódense puntuar os recursos cunha puntuación que vai de 0 a 10, o que no futuro permitiranos coñecer as valoracións que outros usuarios fixeron da axuda obtida.

Cidade Sorda Virtual

A Fundación CNSE para a supresión das barreiras de comunicación creou Ciudad Sorda Virtual , unha web adaptada á Lingua de Signos co fin de que as persoas poidan comunicarse coa súa lingua natural, sexa un punto de encontro para aspersoas de diferentes lugares, conseguir que no futuro eles administren, controlen tanto o chat coma o foro e sirva de información de novas para o colectivo.
Esta páxina Ciudad Sorda Virtual, foi a gañadora pola edición dos Premios AUI, na categoría de Mellor Web.

martes, 24 de febrero de 2009

O desafío do idioma Lingua de signos

Planeta Visual. D.L.S.

Planeta Visual ofrécenos un Diccionario en Lingua de Signos no que contempla un pequeno vocabulario como saúdos, expresións, números, verbos, partes do corpo, adxectivos, traductor dactilolóxico, etc.

Videos


--------------------------------------------------------------------------------------------------------

-----------------------------------------------------------------------------------------------

-------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Biblioteca de Signos

Na páxina principal podemos ler: "Coa Biblioteca de Signos, a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes pon á disposición de todos os usuarios de lingua de signos española e dos profesionais e investigadores desta lingua un proxecto pioneiro no mundo: a primeira biblioteca xeral de lingua de signos.
A Biblioteca de Signos incluie material bibliográfico, resumido e explicado en lingua de signos, de toda a historia da educación de persoas xordas en España e da investigación moderna en lingüistica das linguas de signos e educación bilingüe. Asimesmo incluie proxectos de gran trascendencia, como o diccionario Histórico da Lingua de Signos Española, a Gramática Visual e o Sistema de Escritura Alfabético da LSE. A sección de Literatura recolle numerosas poesías e contos signados, así como amplia explicación de obras literarias fundamentais".
No día de hoxe podemos ler sobre 40 poemas pertencentes a Machado, Neruda, Ángel González, Alberti, San Juan de la Cruz , Bécquer e Rosalía.
Hai un total de 20 contos infantís o Lazarillo e os primeiros vintecinco capítulos do Quijote.

lunes, 23 de febrero de 2009

Pensando en imaxes

Pensando en imaxes é un blog onde podemos atopar información sobre Autismo. Emprega o método ADRYNA para ensinar a falar.
Está feito por unha mestra de Pedagoxía Terapéutica, Cuca, de Cambados, nai dun neno autista.

(Blanca González Garrido)